Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mexillón para 3.000 persoas na praia de Arealonga en Chapela

RR_Noticias

A cita gastronómica desta fin de semana será na praia de Chapela coa posta en venda este domingo de 5.000 kilos do molusco a prezos populares nunha Festa do Mexillón marcada polo cambio de localización, logo de que a asociación de hostaleiros de Arealonga decidise facerse cargo da súa organización.

A cita xira en torno ao mexillón que se pdoerá degustar preparado ao vapor ou en empanada de millo e trigo, pero haberá tamén actividades musicais con pasarrúas e actuacións de grupos de música e baile durante todo o día e presencia tamén de nomes coñecidos. Por exemplo o televisivo cociñeiro do programa Larpeiros Benigno Campos, será o encargado de entregar os premios do concurso gastronómico no que se recoñecerá á mellor empanada e o mellor prato elaborado con este produto. Tamén haberá pregoeiro, na voz do presidente de Terras Gauda, José María Fonseca e as sete media da tarde e baixo a supervisión de Manolo Aguinchos, xerente de catherin, dará comezo a elaboración dunha xigante paella de mexillón que se poderá degustar a prezos populares.  

Lino González hostaleiros de Arealonga
Dende a organización da festa convidan a gozar do mexillón a prezos populares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará