A compañía de teatro 105 besos estrea en Redondela o comedia “Dos en la cortisa”. Unha obra con música en dirercto que se poderá ver o sábado no Multiusos ás 21:00 horas. O prezo da entrtada é de 5 euros.
105 bicos son os que da de media un actor logo de rematar unha función de teatro. Un dato curioso que lle serviu a Vicky Estévez para bautizar a compañía que hai pouco máis dun ano fundou xunto a Tino Montes e que leva por nome “105 besos”. Dous actores que estarán este sábado en Redondela presentando a súa obra “Dos en la cortisa”. Unha comedia baseada no texto de Julio Pereira na que se nos conta en clave de comedia a relación que se establece entre unha muller resentida e un home mullereiro, analizando a difícil relación entre os dous sexos e a forte atracción que existe entre eles.Unha obra onde a música xoga tamén un papel salientable, xa que acompañando a trama poderase escoltar un contrabaixo, un piano e unha guitarra acústica. Tres músicos que forman parte tamén do elenco da obra. Esta comedia poderase ver o sábado ás 21:00 horas no Multiusos. O prezo da entrada é de 5 euros, un prezo “anticrise” que esperan non desamine a ninguén a achegarse a unha obra que pretende divertir, entreter e tamén facer reflexionar ao espectador.