Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello insta á Xunta a construír un patio cuberto en Santa Mariña

RR_Noticias

A petición ven de lonxe e incluso levou aos pais a protagonizar diferentes actos protesta para demandar que se dotase este centro educativo dun patio cuberto. Tódolos grupos presentes na corporación amosaron a súa disposición a demandarlle á Consellería de Educación que habilite unha partida económica nos orzamentos de 2012 para acometer esta obra.

Durante meses pais e nais reclamaron a construcción dun patio cuberto que permitise ao alumando saír ao recreo en días de mal tempo e non ter que renunciar ás clases de educación física cando a meteoroloxía non acompaña. Con todo, as reiteradas demandas caeron ata o de agora en saco roto, sobre todo logo de que no pasado mes de febreiro a Consellería de educación confirmase que esta obra non estaba entre as súas prioridades alegando que non había partida orzamentaria. E precisamente iso é o que se lle vai demandar dende o concello de Redondela ao departamento que dirixe Xesús Vázquez: que á Consellería de educación destine unha partida económica nos orzamentos do vindeiro ano para a construcción deste patio. Unha cuestión que se abordou na sesión plenaria por petición de AER aínda que foi o BNG quen fixo a proposta concreta, recriminándolle ao PP que en plena campaña se comprometese a dotar este centro de patio cuberto e que polo de agora non teña avanzado nese caniño. No mesmo sentido argumentaba Luís Orge quen aseguraba que non existe partida algunha nos orzamentos da Xunta para esta obra. Criticaba que o PP “non sexa quen de conseguir dun goberno amigo unha partida de pouco máis de 200.000 euros”. O popular Alberto Pazos aseguraba que se está a xestionar a realización da obra pero que nunha situación de crise “hai que marcar prioridades”. Con todo, apoiaban a moción e se comprometían a realizar o patio na maior brevidade posible. Unha referencia á crise que non gustou ao representante de AER quen lembrou que en “asuntos de ámbito educativo, sanitario ou social non se pode dicir que non hai cartos”.  

Cecilia Pérez BNG
A nacionalista concretaba a proposta
Luis Orge PSOE
Non hai partida para o patio no orzamento do 2012
Alberto Pazos PP
Dende o PP falaban de marcar prioridades
Jorge Varela AER
A Agrupación de electores critica que haxa recorte no ensino

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará