Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mundo celta regresa á Praza da Casa da Torre

RR_Noticias

Dende as 17:30 horas e ata a noite desenvolverase un programa de actividades co gallo do samaín. Os máis cativos contarán con obradoiros e xogos populares, pero haberá tamén actividades para os maiores cun serán popular a partir das 21:30. En Saxamonde o Centro Cultural Chan das Pipas tamén revive a noite dos defuntos.

A tradición celta conta que na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro estreitase a liña divisoria que separa o mundo dos vivos e o dos mortos, permitindo que os espíritos regresen. Co obxectivo de evitar e facer fuxir a aquelas ánimas que tivesen propósitos malignos no mundo celta había unha serie de costumes (como o uso da máscara) que se trasladou aos Estados Unidos para converterse na celebración do Halloween. Son moitos os galegos, sobre todo os máis novos, que nos últimos tempos se sumaron a esta celebración aínda que tamén hai quen avoga por deixar de lado a moda americana e recuperar os costumes máis identificados coa tradición. Nese camiño están os compoñentes da Asociación para o desenvolvemento sociocomunitario Xoeira, quen organizan este tarde unha serie de actividades que arrancarán as 17:30 con obradoiros e xogos populares para os mais pequenos, nunha carpa que se instalará na praza da Casa da Torre. En colaboración co Concello e coas Asociacións Millo Verde, Asubíos de Portocedeira e a Asociación Cultural Santa María do Viso organizan un magosto ás 19:00 horas e un serán popular e queimada a partir das 21:30. Actuará tamén o pallaso Peter Puk. Dende Xoeira, Mirian Lamas convida a grandes e pequenos a achegarse e participar levando unha cabaza que será caracterizadas para a ocasión Saxamonde Tamén en Saxamonde e dentro da secuencia de accións que o Centro Cultural Chan das Pipas vén desenvolvendo nos últimos anos de recuperación das tradicións, celebran por primeira vez o Samaín. A partir das 19:00 h. organizan un programa de actividades destinadas aos máis cativos e non tan cativos como manualidades, caracterización de rabaquetas ou contos de medo. Cada neno ou nena que queira asistir deberá traer un calacú ou cabaza. Se quere quedar para o xantar cooperativo, cadaquén aportará algo de comer para compartir entre todos. Despois do xantar colocaranse as rabaquetas furadas na noite de Saxamonde.  

MIrian Lamas asociación Xoeira
Unha actividade para recuperar a tradición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará