Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A IV edición do Ventorock contará coa presenza de cinco grupos de música

RR_Noticias

Como novidade este ano as actividades comezarán ás catro da tarde con xogos populares e obradoiros de coiro e xogos malabares, nun intento de dar cabida tamén aos máis pequenos. A carpa instalada no antigo campo de fútbol da Miñoteira acollerá os concertos que comezarán ás 21:30 horas do sábado.

Durante toda a tarde haberá actividades variadas para grandes e cativos con campionatos de chave e de peóns con premios populares para os gañadores e tamén obradoiros de coiro e de xogos malabares. Sobre as 19:00 dará comezo a 2ª edición da NovembroFest, unha adaptación da October fest alemana e na que se servirán pratos típicos galegos como xamón asado e chourizas fritas acompañados por cervexa ou viño. Xa entrada a noite, a partir das 21:30 as actividades darán paso ás actuacións musicais, contando este ano con cinco agrupación de estilos diversos para dar cabida a tódolos públicos. Repite a banda Homenaxe a Led Zeppelin, que por terceiro ano consecutivo versionará á mítica banda inglesa de rock da década dos 70 e os tamén redondeláns Valver, un grupo de métal que xa leva uns anos tocando por toda a Provincia. De fora chega Kallaikoi, grupo da zona do Val Miñor de estilo rock con influenzas celtas e a A Polémica Banda dos Bechuchos, unha formación viguesa integrada por 10 compoñentes que a ritmo ska pretenden facer bailar a todos os asistentes. Ademais de todos eles, este ano terá oportunidade de subirse ao escenario o grupo de recente creación Zanco de Polo. A entrada será de balde e para evitar as inclemencias meteorolóxicas contarase cunha carpa totalmente pechada. Repartiranse castañas asadas de balde.  

Fran Blanco membro da organización
Este ano como novidade inclúense actividades para os cativos
Concertos
Grupos de Redondela e de fora subiranse ao escenario

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará