Reclámanlle ao goberno local que inicie as negociacións con Fomento para estudiar a posibilidade de construír unha rotonda no punto quilométrico 138 da estrada entre Redondela e Pontevedra ao seu paso por Cesantes para facilitar o acceso dos vehículos á N-550.
Os socialistas lembran que nesta zona existe un terreo de 2.500 metros cadrados que actualmente está fora de uso e cheo de maleza na zona coñecida como O Murallón. Entenden que este solar sería axeitado para construír unha rotonda que dea acceso aos vehículos que, procedente dos barrios Outeiro das Penas e Carballiño, queiran incorporarse á estrada nacional. Piden que o terreo se acondicione ademais como zona de descanso.