Por sexto ano consecutivo esta asociación convoca o seu concurso fotográfico animando tamén aos máis novos a participar, xa que ademais do premio de adultos os menores de 14 anos optarán a un premio de 100 euros. O prazo de presentación remata o 27 de novembro.
Nesta ocasión os organizadores decidiron deixar aos fotógrafos o tema elixido, xa que a temática das imaxes será libre. Iso si, o presidente do obradoiro, Luís Medal, fai fincapé en que o obxectivo do concurso é conseguir as mellores instantáneas sobre o noso entorno e potenciar así a súa difusión e coñecemento. Os interesados en participar poderán presentar ata un máximo de 5 fotografías antes do domingo 27 de novembro. A mellor fotografía recibirá un premio dotado de 200 euros, establecéndose ademais dúas categorías dotadas con 100 euros cada unha, o premio de adultos e o premio xuvenil. As bases pódense consultar no enderezo electrónico http://www.estudoslocais.org/