Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Foro de debate sobre a crise e o desemprego

RR_Noticias

Esquerda Unida convida aos veciños a participar no foro de debate aberto “Crise, desemprego e alternativas”, que esta tarde ás 20:00 horas se vai desenvolver no Colexio de A Marisma. O foro convocarase de xeito mensual e abordará temas como a banca ética, a crise enerxética e alimentaria e a mobilidade.

Este será o primeiro dunha serie de foros que a formación ten programados coa finalizade de crear e mobilizar conciencias e buscar solucións ou alternativas a problemas propios da sociedade actual. Dende a agrupación e segundo explicou o seu coordinador en Redondela, Óscar Benavides, entenden que este tipo de actividades son válidas para canalizar os posicionamentos da sociedade civil, que a nivel particular non teñen acceso ás institucións. Por este motivo convidan a veciños e asociación a participar da cita desta tarde no CEIP de A Marisma. Entre os argumentos que se abordarán neste foro atópanse a crise enerxética e alimentaria, a necesidade de contar cunha banca ética, a promoción da agroecoloxía e o aproveitamento sostible dos recursos forestais así como a necesidade de desenvolver políticas de mobilidade menos dependentes do vehículo privado. A intención de Esquerda Unida é convocar esta cita de xeito mensual.  

Oscar Benavides coordinador EU Redondela
Un foro aberto a todos os veciños
Temas de interese social
O foro convocarase de xeito mensual para abordar temas diversos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará