Os equipos locais xogaban fora da casa e non foron quen de arrancarlle algún punto aos anfitrións. Así o Paraxe Chapela caía ante o Zamora por 35 goles a 31 e a SAR sufría tamén unha derrota ante o Cafés Toscaf que venceu por 32 a 28.
Achegámonos ao balonmán, onde os equipos que militan en Primeira nacional viviron unha mala fin de semana, xa que tanto SAR como Chapela caeron derrotados ante os rivais.
De feito o Chapela cae á cuarta praza da categoría logo de tropezar ante o Zamora. Foi sobre todo no primeiro tempo onde os anfitrións demostraron a súa superioridade e, aídna que logo do descanso os de Chapela tentaron recuperar terreo, non foron quen de superar aos locais. O partido rematou co resultado de 35 goles a 31.
Tampouco houbo sorte para os xogadores de Pablo Muíños. A Sar Plastic Omnium xogaba en Avilés onde os xogadores do Cafés Toscaf amosaron a súa superioridade nun partido que concluía co marcador 32-28.
A Sar atópase agora na penúltima praza da categoría e na vindeira fin de semana xogan na bomboneira, onde reciben ao Calvo Xiria . Pola súa banda, O Chapela perde tamén posicións, cae ao cuarto posto da táboa logo da derrota do sábado. A próxima cita será no seu campo, onde recibirán ao Seis do Nadal.