Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os fúranchos queren abrir ata o 31 de agosto

RR_Noticias

Unha petición que a Asociación de furancheiros de Redondela confía en que sexa recollida no novo decreto da Xunta que regula este tipo de establecemento tradicional. A asociación, que engloba a 37 produtores do municipio, reunirase en breve cos responsables municipais, que son quen deberán aplicar e controlar que se cumpra a ordenanza elaborada polo goberno galego.

Redondela é un dos 21 municipios de toda Galicia onde a normativa permite abrir fúranchos. O novo decreto retira este tipo de locais da hostalaría e trátaos como actividade tradicional. En base a esta normativa os fúranchos poderán ofrecer aos seus clientes unha serie de tapas, ata un máximo de seis a elixir entre unha relación de once, que serán as que se acorde en cada concello. En Redondela o presidente dos furancheiros, Fermín Alonso apuntaba como as máis comúns a tortilla, pementos, orella, zorza e empanada. Con todo, a demanda principal por parte dos adegueiros locais fai referencia ao período no que se lles permite ofrecer os seus excedente de viño. Ata o de agora podían abrir durante tres meses a elixir por cada furancheiro entre o 1 de decembro ata o 30 de xuño. Con todo, en Redondela a actividade tradicionalmente desenvólvese ao aire libre polo que o período máis axeitado para abrir o furancho sería na época de verán. Por este motivo demandan que se lles permita ampliar ese período ata o 31 de agosto. Este ano os excedentes son especialmente importantes, xa que a colleita foi moito máis abundante que en anos anteriores. Apuntaba tamén Fermín Alonso que a calidade é moi boa en viño branco e máis que aceptable no tinto.  

Fermín Alonso presidente dos furancheiros
Por tradición o periodo de apertura debería incluir os meses de verán
Xaquín López secretario
Seis tapas a elixir entre un catálogo de once
Boa colleita
Este ano superáronse as previsións na vendimia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará