O primeiro dos sinistros tiña lugar na estrada que comunica Vigo con Redondela, á altura de Cedeira con tres turismo implicados nunha colisión por alcance. Ás 17:45 producíase unha colisión na praza de Ponteareas, onde un choque entre un Xantia e un Audi A6 deixaba tres persoas feridas de carácter leve.
Tres vehículos víronse implicados no primeiro dos sinistros, un choque en cadea que se producía ás dez da mañá de onte na N-552 á altura da parroquia de Cedeira. Resultaron feridos leves varios dos ocupantes dos tres turismos implicados na colisión por alcance: un Alfa Romeo, un Audi A3 e un Peugeot 308.
Xa pola tarde producíase un segundo sinistro na Praza de Ponteareas, nas inmediacións do Convento de Vilavella. Un aparatoso accidente que tiña lugar ás 17:45 horas cando un turismo Xantia golpeaba frontolateralmente un Audi A6. Segundo información da policía local neste caso foron tres as persoas que resultaron feridas aínda que de carácter leve. Foi necesaria a intervención tanto dos axentes da policía municipal como dos membros do Grumir, que procederon a retirar da calzada os restos dos vehículos accidentados.