A agrupación reclámalle ao goberno local que se destine un 5% do orzamento municipal a políticas específicas da muller e que se incrementen o número de “campañas permanentes” cotnra a violencia de xénero. Neste sentido, presentarán unha moción no próximo pleno na que solicitan tamén que os plans de emprego que se realicen no municipio teñan presente a perspectiva de xénero.
A agrupación presentará unha moción no vindeiro pleno municipal na que reclaman que se destine un 5% do orzamento do concello de Redondela a políticas específicas da muller e que todos os plans de emprego que se realicen dende o concello teñan presente a perspectiva de xénero para evitar a masculinizacións nos traballos que se creen.
Apreman tamén ao goberno local a que realicen campañas permanentes contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións e que se impulsen e desenvolvan medidas concretas dirixidas aos adolescentes dentro dun Plan de Igualdade en coordinación coas asociacións de mulleres do municipio.
EU entende que este é o momento axeitado para facer fincapé nestas necesidades porque a raíz da crise económica estanse a incrementar as desigualdades sociais, unha situación que afecta en maior medida ás mulleres coa conseguinte feminización da pobreza. Apuntan ademais que coa escusa do aforro estanse a eliminar organismos de igualdade en todos os ámbitos territoriais.