Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Igualdade convida a reflexionar no Día Internacional contra a violencia de xénero

RR_Noticias

A Concellería da muller desenvolverá ao longo de tres días unha serie de actividades encamiñadas a visibilizar e previr a violencia de xénero. Unha exposición itinerante percorrerá os centros parroquias para informar de todo o referente a esta lacra social e o propio 25 de Novembro celebrará varios actos institucionais no Concello e na árbore Ginkgo Biloba.

As actividades arrancarán o xoves coa inauguración no Multiusos da Xunqueira da mostra “un camiño por diante para a erradicación da violencia e a discriminación”. No mesmo día ás 17:30 horas celebrarase un concerto a cargo do alumnado do Conservatorio de Redondela. O venres, día no que se conmemorara a xornada internacional contra a violencia de xénero, os protagonistas serán o alumnado do Instituto Illa San Simón, encargados este ano de escribir e ler a Declaración institucional que se poderá escoitar ás 12:00 horas no Concello. Un xeito tamén de poñer o acento na necesidade de que dende as idades máis mozas se actúe para erradicar a violencia contra as mulleres, que segundo diferentes estudos sufriu nos últimos anos un repunte precisamente entre os adolescentes. A continuación terá lugar a tradicional homenaxe ás mulleres asasinadas pola violencia na árbore Ginkgo Biloba que se atopa no Salgueiral. Xa o sábado ás 11:00 horas celebrarase no multiusos unha charla baixo o título “Falemos da violencia” a cargo dos psicólogos Ana Mª Sieiro e Alejandro Vaghetti.      

Sandra Alonso técnica de Igualdade
Unha exposición itinerante
A violencia na mocidade
Unha lacra que hai que atallar dende as idades máis mozas
Falemos de violencia
Dous psicólogos impartirán esta charla

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará