Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A falta de axudas non impedirá gozar no Viso da música e as castañas no II magosto furtivo

RR_Noticias

A música tradicional estará presente neste festival que se celebra o sábado e que contará coa presenza dos grupos os Irmandiños de Vincios, Os modernos, Zurrumalla e A Requinta da Laxeira. Durante todo o día desenvolveranse actividades variadas con xogos populares, actuación de monicreques e degustación de castañas asadas.

A Asociación Cultural Santa María do Viso en colaboración co grupo Tanto Nos Ten organizan esta cita por segundo ano consecutivos enfrontándose a dificultades económicas que puideron compensar grazas á colaboración veciñal e aos cartos recadados coa venda de rifas e outras actividades. Este ano foi especialmente complicado no económico. Logo de que a Xunta decidise eliminar as axudas que concedía ás actividades culturais tamén Novacaixagalicia rexeitou colaborar argumentando que agora so se financian actos con gran repercusión mediática. E tamén nesta edición non foi posible contar coa colaboración do Concello quen alegou problemas económicos, segundo explicou un dos organizados, Xosé Covelo. Malia todo o programa é xa unha realidade e arrancará a unha do mediodía cunha sesión vermú amenizada polo grupo Os Folieiros. A continuación terá lugar o xantar popular e xa pola tarde, a partir das 16:00 horas haberá xogos tradicionais e obradoiros para nenos con Cé Orquestra pantasma. Os monicreques correrán a cargo da agrupación Tanxarina e xa de cara a noite a música poñerana os grupos Os Irmandiños de Vincios, Os Modernos, Zurrumalla e a Requinta da Laxeira.  

Xosé Covelo Organización do Magosto Furtivo
Un programa cargado de música tradicional
Financiamento
As actividades teñen que financiarse sen achegas externas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará