O texto, que se pode consultar na súa totalidade no Boletín Oficial do Estado de hoxe 24 de novembro e que foi aprobado no Concello de Ministros do pasado venres, recolle o convenio pactado entre o Ministerio de Fomento e a concesionaria da AP-9, Audasa polo cal se “modifican determinados termos da concesión para a construcción, conservación e explotación da Autoestrada, para a ampliación da capacidade de diversos tramos de dita autoestrada”.
A redacción do convenio establece que “Audasa construirá, conservará e explotará os novos carrís da AP-9 entre o enlace de Cangas e Teis” do mesmo xeito que a ampliación do tramo de Circunvalación de Santiago de Compostela.
O custe destas obras, incluídas as expropiacións e reposición de servizos serán integramente a cargo da concesionaria, cun investimento que está estimado en 350 millóns de euros.
Para compensar á concesionaria “da inversión correspondente ás obras de ampliación, os gastos de conservación e demais derivados dos mesmos” establécese tamén un “incremento moderado das tarifas”. Concretamente e tal e como xa se adiantara en diferentes medios de prensa, “establécese un incremento das tarifas do 1% anual acumulativo durante vinte anos” de aplicación a partir do ano seguinte á finalización das obras.
En canto aso prazos para a realización das obra tan só se establece que a súa construcción non poderá superar os “trinta e sei meses a contar dende a data de inicio”.
O téxto íntegro pódese consultar no enderezo
http://www.boe.es/boe/dias/2011/11/24/pdfs/BOE-A-2011-18493.pdf