O mozo, Francisco S.P. de 28 anos de idade sentou onte no banco dos acusados por unha persecución acontecida no ano 2009 e pola que se lle imputan tres delitos: conducir de xeito temerario, co permiso de conducir retirado e baixo os efectos do alcol. O fiscal solicita para o imputado unha pena de 4 anos de cárcere.
Os feitos tiveron lugar o 15 de novembro do ano 2009 cando este mozo, natural de Nespereira, logo de consumir oito copas, segundo a súa propia declaración, foi recoller ao seu irmán para levalo á estación de tren. Sen embargo, na N-555 a policía deulle polo que o imputado decidiu acelerar e fuxir chegando a circular en dirección prohibida e saltándose semáforos en vermello.
A persecución prolongouse durante 20 minutos ata que os axentes lograron acorralar ao vehículo en Cedeira, onde o condutor decidiu dar marcha atrás chegando a golpear ao coche policial, resultando feridos dous axentes.
A alocholemia que se lle practicou a Francisco deixou unha taxa de 0’89, o triple do permitido.
O mozo está na actualidade en prisión xa que sobre el pesan outras tres condenas dictadas pro xuíces de Vigo, Pontevedra e Porriño.