A colisión entre dous turismo na estrada Xoán Manuel Pereira producíase ás 22:23 horas de onte domingo e afortunadamente so deixou danos materiais. Axentes da Policía local detiveron a un dos condutores implicados, un veciño de Vigo de 62 anos de idade que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida ao volante.
Manuel F.A de 62 anos de idade e veciño de Vigo pasou xa a disposición xudicial logo de que os axentes da policía local o trasladaran á Comisaría da Policía Nacional en Vigo. Os feitos producíanse ás 22:23 horas de onte domingo cando o Peugeot 207 que conducía o detido invadía o carril contrario e colidía contra outro turismo que se dirixía cara a Reboreda. O sinistro, que so deixou danos materiais, produciuse en Xoán Manuel Pereira, no inicio da estrada entre Redondela e pazos de Borbén.
Unha vez no lugar, os axentes procederon a realizarlle a proba de alcoholemia que deixou unha taxa de 1’12, o que quere dicir que o condutor do vehículo superaba en mais de catro veces a taxa de alcol permitida ao volante.