Os feitos producíronse ás 8:30 horas da mañá de hoxe na N-550 entre Redondela e Pontevedra á altura do cruce de subida ao Viso. Segundo datos facilitados pola Policía Local foron dúas as persoas que resultaron feridas nesta colisión con dous coches implicados.
Os feridos foron trasladados a centros hospitalarios. Así un varón de 43 quedou ingresado no hospital vigués de Fátima mentres que a outra persoas ferida, unha moza de 23 anos foi trasladada ao centro Perpetuo Socorro.