As Xuventudes socialistas de Redondela comezan hoxe a campaña Xoguetes solidarios coa recollida de xoguetes en diferentes locais de Redondela para doalos á Fundación Amigos de Galicia que atende a 8.000 menores.
O obxectivo é que todas aquelas persoas que teñan na casa xoguetes en bo estado pero aos que xa non lle dean uso, que os cedan para que poidan continuar tendo unha vida útil en mans doutros rapaces e rapazas. Por este motivo, dende as Xuventudes socialistas colocarán durante a xornada de hoxe carteis en diferentes locais para que os veciños saiban onde poden facer as súas doazón dentro desta campaña que se prolongará ata o día 28 de decembro. Unha campaña solidaria e que busca reutilizar todos eses xoguetes aínda en bo estado e que xa non se usan.Rematada a campaña os xoguetes serán entregados á Fundación Amigos de Galicia quen traballa xa con familias que se atopan en situacións complicadas economicamente proporcionándolles axuda e colaborando, neste caso, para que os mais cativos ocnten tamén con xoguetes no Nadal.