O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presenta este sabado ás 19:00 horas, no Circulo Cultural Deportivo de Cesantes, a IV mostra de fotografía antiga baixo o título “Antes e agora”. No mesmo acto entregaranse os premios aos gañadores do concurso que organiza a asociación.
O obxectivo da mostra fotográfica é lembrar ou dar a coñecer por medio da fotografía comparativa os cambios que se produciron ao longo do tempo na parroquia de Cesantes. Así, botando man de imaxes antigas recompiladas polo Obradoiro tentouse sacar outra fotografía dende o mesmo lugar que servirá para coñecer os cambios producidos nese lugar concreto. A exposición poderase visitar durante todo o mes, do mesmo xeito que as fotografías que se presentaron á VI edición do concurso organizado polo Obradoiro. O premio a mellor fotografía foi para a imaxe “Cruzando o Lethes” de Elsa Quintas sendo Mª Somoza Justo quen se fixo co premio na categoría de adultos co título “O futuro”. Na categoría xuvenil a gañadora foi Eva González Fernández coa imaxe “Pedras pedras, pedras”.