As instalacións da piscina municipal acollerán dende o 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro un campamento orientado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade. Diariamente e durante catro horas os rapaces participarán de actividades deportivas e obradoiros a un prezo de 59’5 euros.
Logo do éxito do campamento celebrado no verán, os responsables da piscina municipal de Redondela deciden repetir experiencia coa convocatoria dun campamento de Nadal orientado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Unha actividade cuxo custe ascende as 59’5 euros para os abonados a esta instalación deportiva e que busca ofrecer aos pais e nais que traballan unha alternativa para que poidan contar cun espacio no que deixar aos seus fillos dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro. Os rapaces estarán atendidos dende as 9:30 horas e ata as 13:30, catro horas durante as cales desenvolverán actividades deportivas e lúdicas. Así, comezarán o día coa realización dalgunhas actividades físicas relaxadas para a continuación participar de diferentes obradoiros de manualidades. Cada xornada rematará con xogos na piscina. As persoas interesadas débense inscribir antes da data de inicio nas instalacións da piscina. O campamento está aberto a todo o público, pero os que non sexa usuarios deberán abonar 111 euros.