Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cuñas gratuítas en Radio Redondela aos mellores escaparates

RR_Noticias

O Servicio de Normalización lingüística en colaboración coa Asociación de Empresarios pon en marcha un concurso para fomentar o uso do galego nos comercios e establecementos de hostalaría da vila. Os gañadores recibirán premios en metálico e publicidade de balde en Radio Redondela. O prazo para inscribirse remata o venres 16 de decembro.

A campaña está orientada tanto aos comercios como aos locais de hostalaría que deberán preparar unha decoración especial nos seus escaparates na que se inclúa algún lema específico para motivar á súa clientela a que merque os seus produtos en idioma galego, idioma que se empregará na publicidade, rótulos e prezos, ademais dos carteis de desconto ou ofertas de Nadal. Os tres gañadores optarán a premios en metálico que van dos 150 ata os 60 euros en metálico así como publicidade de balde na Radio Municipal de Redondela. Todos os participantes serán agasallados ademais cun paquete de cuñas gratuítas. O xurado valorará o correcto uso do galego nas mensaxes publicitarias ou slogans e a orixinalidade, coidado estético e promoción dos produtos que teñan á venda, sendo imprescindible que os participantes manteñan a decoración dende o 19 de decembro ata o 5 de xaneiro. Par participar é necesario inscribirse na Asociación de empresarios a través do seu enderezo electrónico aer@empresasredondela.com indicando que vai dirixido ao Concurso “O noso vende!” antes do venres día 16.  

Eva García Rei Servizo de Normalización Lingüística
Un concurso de dinamización do comercio e a hostalaría
Prazos e sistema de participación
É necesario inscribirse antes do venres 16

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará