O acto terá lugar esta tarde ás 20:00 horas diante da casa consistorial convocado pola área de muller do partido socialista de Redondela. Dende esta agrupación política lamentan que non sexa o goberno local quen faga esta convocatoria tal e como se lle solicitara no último pleno municipal.
Ante a falta de resposta nese sentido por parte do PP, os socialistas decidiron tomar a iniciativa e convocar a todos os veciños a participar deste acto que consistirá nunha concentración na que se gardará un minuto de silencio en repulsa polo asasinato da que foi a última vitima da violencia de xénero en Galicia, un veciña da localidade coruñesa de Abegondo de 38 anos de idade que foi asasinada pola súa ex parella o pasado luns12 de decembro. O PSdG recalca a gran importancia deste tipo de actos para que toda a cidadanía amose a súa repulsa aos maltratadores e o seu apoio ás vítimas da violencia machista.