Tres homes todos eles veciños de Vigo e de idades comprendidas entre os 37 e os 55 anos resultaron feridos nunha colisión entre dous vehículos que se producía ás 5:40 horas da madrugada de hoxe na Avenida de Vigo en Chapela á altura das Catro Pontes, segundo información da Policía Local.
No sinistro víronse involucrados un turismo e un cuadriciclo lixeiro que colidiron cando un dos vehículos procedente do Camiño Real non puido evitar o impacto contra o outro vehículo que circulaba pola estrada que comunica Redondela e Vigo.
Un forte impacto impacto onde a peor parte levouna o cuadriciclo, un deses vehículos de pequeno tamaño que poden ser guiados pro condutores que carecen do carné. Os dous ocupantes do mesmo resultaron feridos, un deles de 41 anos de carácter grave tendo que ser excarcerado polos bombeiros de Vigo. Tamén resultou ferido de carácter leve o outro ocupante de 55 anos de idade. Os dous feridos foron trasladados en ambulancia ao Hospital de Fátima mentres que o condutor do outro turismo implicado, un home de 37 anos veciños de Vigo, foi trasladado ao Hospital Xeral con feridas de carácter leve.