Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maimiña promove o acto da lactación e a crianza natural

RR_Noticias

A asociación, integrada por mulleres e homes que defenden vivir a crianza dos nenos dun xeito menos ríxido ao que moitas veces se promove dende a sociedade, presentan mañá nun acto aberto que terá lugar na Casa da Torre ás 18:00 horas o seu calendario 2012.

A Asociación Maimiña creouse recentemente co fin de espallar e normalizar o acto da lactación e a crianza natural, así como dar apoio a todas aquelas nais e pais que queiran levala a cabo, e a tal fin, crea este calendario para poder reunir fondos. Entre os obxectivos da asociación destacan a promoción de comportamentos máis naturais cos cativos que atendan as necesidades dos bebés de xeito individual tendo en conta que non todos os nenos responden aos mesmos parámetros á hora de socializar, adquirir comportamentos o desenvolver as súas capacidades de aprendizaxe. Promoven de xeito específico os beneficios do leite materno “que debería se exclusivo nos primeiros seis meses de vida dos bebés, atendendo aos estudos existentes na materia, e que debería manterse ata os dous anos ou máis” xunto con outros alimentos. As persoas interesadas en contactar con Maimiña poden achegarse á Casa da Cultura cada primeiro e terceiro venres de mes ás 17:30h, horario no que manteñen as súas xuntanzas nas que se abordan diferentes asuntos relacionados coa crianza dos nenos.  

Ana Orozco Asociación Maimiña
Nais e pais que se acompañan no proceso da maternidade
Crianza natural
Promoven un ritmo de apredizaxe individualizado
Presentación do calendario 2012
Un acto aberto na Casa da Torre o mércores ás 18:00 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará