O erro do traballador municipal provocou a perda dunha subvención da Deputación. Os socialistas entenden que a responsabilidade recae en parte no deputado e edil popular Alberto pazos “por non ter seguido a tramitación” e o PP os acusan de querer sacar tallada do desacerto do traballador.
A petición do PSOE para que o alcalde dese explicacións sobre a perda dunha subvención para o conservatorio Víctor Ureña de Redondela deu lugar a un tenso debate.Javier Bas recoñeceu que a perda de dita achega, procedente da Deputación, debeuse a un erro administrativo dun funcionario que só tramitou a axuda para a escola de música e non para o conservatorio.Logo desta explicación aproveitou para acusar aos socialistas de intentar sacar tallada política do desatino dun traballador municipal e engadiu que grazas as xestións desenvolvidas polo voceiro do PP en Redondela e tamén deputado, Alberto Pazos, puido recuperarse a subvención perdida xa que o organismo provincial finalmente si outorgará 15.000 euros ao centro de música.Por alusións participou tamén do debate o deputado e edil socialista, Eduardo Reguera, quen acusou a Pazos de “deixadez de funcións” por non seguir a tramitación da solicitude.