O comercio local confía en que os veciños gasten en Redondela os cartos que teñen previsto investir nas rebaixas e que está estimado en 80 euros por persoa. Os saldos arrancan con descontos de entre o 20 e o 50% e chegarán ata o 80% nas segundas rebaixas.
Os redondeláns participan tamén destes descontos de inverno onde o obxectivo é atopar o produto máis rebaixado. Un período que arranca cunhas peculiaridades específicas, xa que si en anos anteriores se falaba de descontos agresivos para animar o consumo, este ano os comerciantes entenden que as vendas están aseguradas, xa que son moitas as familias e os veciños que decidiron atrasar os agasallos debido á mala situación económicos para facelos coincidir co inicio destes descontos.Calcúlase que a media das comprar situarase en 80 euros pro persoa na provincia de Pontevedra, que se investirán maioritariamente en productos de téxtil, calzado, complementos e fogar. En canto aos comercios, arrancan con descontos de entre o 20 e o 50%, aínda que os máis agresivos ofrecen xa descontos de ata un 70%.E para animar esas compras este mesmo venres ás 19:30 horas no Multiusos a Asociación de Empresarios sorteará tres vales de compra por valor de mil euros cada un. Un sorteo co que se pechará a campaña de Nadal durante a cal xa se repartiron diferentes premios directos entre os clientes do comercio local.