A formación política solicitoulle ao goberno local hai tres meses que habilitara prazas para minusválidos nas inmediacións do edificio da piscina, sen que ata o de agora se teña dado resposta a súa demanda. A formación nacionalistas denuncia a “insensibilidade” do goberno local con este colectivo.
Hai tres meses que esta forza política dirixíuse ao concelleiro de tráfico para que dotara ao entorno da piscina municipal de dúas prazas para minusválidos, logo de que as antigas foran eliminadas polas obras dos arredores de A Marisma no que se procedeu a construír un paso de peóns elevado.No BNG entenden que xa pasou tempo dabondo para solucionar esta eiva xa que a “dotación de prazas de aparcadoiro para minusválidos, convértese nunha necesidade e nun dereito para permitir a accesibilidade destas persoas a edificios públicos”.Por outra banda, o Bloque critica que dende a concellería de tráfico non se estea a amosar interese no uso e control dos aparcadoiros de zona azul.