A agrupación redondelá presenta este venres na discoteca Diva a súa maqueta que leva por nome “Suerte”. O concerto será o día 13 ás 22:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros. Con seis euros os asistentes poderán asistir a actuación e levarse o CD.
A agrupación musical naceu no ano 2007 co gallo do festival Lixo Rock. O obxectivo dos seus compoñentes era renderlle tributo ao mítico grupo redondelán dos anos 80 “Tres bajo cero”. O que nun principio era unha unión temporal acabou converténdose nun conxunto estable que logo de varios concertos decide reunir un total de nove temas para dar contido a un disco que sae á luz baixo o título “Suerte”.O disco está dividido en dúas parte, unha en acústico e outra en eléctrico. En total nove temas, sete de autoría propia e os dous restantes recuperados do repertorio dos seus referentes: “Élla” e “no me acuerdo ya”.Un disco que dedican entre outros, “á memoria de Nito e Santi e a de toda a xeración de tolos e soñadores que nos abriron os camiños da liberdade (e a libertinaxe) deixándose, en moitos casos, a pel no intento”.