Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida solicita a creación dunha bolsa de aluguer municipal

RR_Noticias

A agrupación política solicita ao concello a creación dunha liña de axudas para os veciños da vila que por mor da crise carecen de recursos para aboar o aluguer ou a hipoteca da súa vivenda. Reclaman tamén ao goberno local que adquira vivendas embargadas a prezo de mercado para crear unha bolsa de aluguer pública.

A agrupación municipal de Esquerda Unida ven de presentar unha moción na que solicitan ao goberno local a creación dunha bolsa pública de aluguer con cargo aos orzamentos do Concello. O obxectivo é facilitar aos veciños en situación de emerxencia social a achega a axudas para o pago da hipoteca ou alugueiro.Argumentan dende EU que as administracións públicas teñen a obriga de cumprir co rol fundamental de prestar servizos públicos permanentes e de calidade, que axuden á cidadanía sobre todo en tempos de privación como na actual crise económica. Por ese motivo entenden necesaria a creación de dita liña de axudas para evitar que os veciños que carecen de emprego e recursos perdan a súa vivenda habitual Outra das medidas que lle solicitan ao goberno local pasa pola adquisición de vivendas embargadas a prezo de mercado, non o prezo que constan nos libros da banca, para crear unha bolsa de aluguer pública que facilitaría o acceso á vivenda daquelas persoas con escasos recursos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará