Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os deportistas do club de remo de Chapela abandonan as casetas de obra

RR_Noticias

Logo de moitos meses de precariedade, os remeiros gozan xa das novas instalacións nos baixos do Centro de deportes acuáticos de Chapela. A directiva do club, que semanas atrás convocaba aos seus membros a se manifestar diante do concello, aplaude agora a “boa vontade” amosada polo goberno para resolver os “pequenos detalles aínda pendentes”.

Os deportistas abandonaron xa as casetas de obra que durante os últimos meses lles servían de vestiarios provisionais e que os obrigaban a adestrar en situación precaria á espera de poder usar as novas instalación nos baixos da piscina de Chapela que carecían de auga quente e ventilación. Finalmente as máquinas entraron en funcionamento e a día de hoxe os adestramentos desenvólvense con normalidade. Dende a directiva do club lembran que aínda quedan algúns flocos por resolver, xa que están pendentes por negociar cos responsables municipais o convenio de uso das instalacións. Con todo, apuntan “a boa vontade do concello por chegar a acordos”. O punto máis conflitivo segue a ser o pago da auga, xa que a entidade amósase disposta a asumir outro pagos como o seguro ou o recibo da luz, pero non así ese custe.No estrictamente deportivo, o vicepresidente do club Julio Prado confía en repetir éxitos de anos anteriores, sendo conscientes iso si, de que as “incomodidades” dos últimos meses lles van pasar factura sobre todo nas categoría baixas onde os adestramentos non se desenvolveron ao 100%.

Julio Prado club de remo de Chapela
Os deportistas están fan uso xa das novas instalacións
Detalles pendentes
O club confía en asinar un convenio definitivo en breve
Situación deportiva
Os máis pequenos son os que máis van acusar as incomodidades dos últimos tempos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará