Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unhas rebaixas con pouco tirón en Redondela

RR_Noticias

Logo de cumprirse case unha semana do inicio das rebaixas de xaneiro, o comercio de Redondela está lonxe de sufrir avalanchas. Se ben na xornada inaugural do sábado houbo bastante actividade no comercio local, ó longo da semana as ventas foron “frouxas”. Os veciños quéixanse de que os produtos de calidade teñen “pouco desconto” e que as prendas con rebaixas importantes son “tallas soltas ou artigos de temporadas pasadas”.

Hai seis días que comezaron as rebaixas en Galicia, e en Redondela fixérono timidamente. Se ben na xornada do sábado houbo bastante actividade no comercio local, ó longo da semana as ventas foron máis ben “frouxas”, segundo apuntaban desde diferentes comercios de roupa e calzado da vila. Lorena, que é dependente nunha tenda de moda, explica que se nota a crise, e que as ventas están a ser “menores que o ano pasado”. Da mesma opinión é Belén, que rexenta un establecemento de moda e complementos, ela constata que “cada ano baixan as ventas”, e a clientela busca os artigos “máis económicos”. E estas baixas expectativas de ventas dos comerciantes teñen o seu reflexo na opinión dos veciños de Redondela. Porque aqueles cos que tivemos ocasión de falar, aínda non mercaran nada, ou moi pouco, neste período de rebaixas. A maioría deles opina que mercar neste período de descontos “non vale moito a pena”. María entende que se aforra pouco, porque nos produtos de calidade “case non hai rebaixas”, e ademais está o problema de que “poida que xa non atopes o modelo ou a talla que queres”. Outro veciño, Francisco, non ten pensado mercar nada nas rebaixas. Prefire comprar o que precisa en temporada, porque logo poida que non atope a súa talla, ou “que a rebaixa sexa tan pequena que non pague a pena agardar”. Para Belén as campañas de rebaixas son tamén “algo de trampa” para os consumidores, e aínda que ela sempre adoita mercar algo, asegura que as “gangas” non existen. Afirma que os bos produtos case non teñen rebaixa, e que os que teñen máis desconto xa “son prendas de temporadas pasadas”. E Sonia lanza unha mensaxe para o comercio local, anímaos a facer “maiores descontos”. Na súa opinión nos comercios de cidades como Vigo ou Pontevedra as rebaixas son maiores, dun 40% ou 50%, mentres que nas tendas redondelás non superan o 10% ou o 25%.Segundo as estimacións das Asociacións de Empresarios, cada galego gastará unha media de 84 euros nas rebaixas de xaneiro deste ano 2012, o que supón seis euros máis que os 78 euros de media investidos no mesmo período de 2011.

Belén comerciante
Esta comerciante constata que cada ano baixan as ventas.
Poucas rebaixas
Moitos veciños como Francisco e Belén entenden que as rebaixas non valen a pena. Hai poucos descontos ou son artigos doutras temporadas.
Sonia
Esta veciña anima ós comerciantes a facer maiores descontos para equiparase ás tendas de cidades como Vigo ou Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará