A Casa da Cultura acolle este venres ás 19:30 horas un acto aberto para presentar o proxecto de sensibilización Vitaminas para o galego no que están implicados diversos medios que teñen en común o uso do galego nas súas comunicacións. Ademais da charla presentación haberá tamén música a cargo de Roi Casal e a cantante Silvia Ferré.
Vitaminas para o galego é o nome dun proxecto de sensibilización levado a cabo por diferentes medios de comunicación entre os que se atopan a rede de emisoras municipais Radiofusión, os xornais dixitais Galicia Confidencial e Praza Pública ou a revista Tempos Novos entre outros. Medios que teñen unha característica común: o feito de empregar o idioma galego á hora de elaborar os seus contidos.Entre os obxectivos de “Vitaminas” destaca contribuír á supervivencia dos medios en galego, que nos últimos meses sufriron importantes baixas como, entre outros, Vieiros, A Nosa Terra, A Peneira ou Galicia Hoxe. Asemade, búscase contribuír ao nacemento de novos proxectos informativos en lingua galega.Dende o Servicio de Normalización Lingüística de Redondela queren contribuír ao espallamento da iniciativa, motivo polo que convocan esta presentación que terá lugar o venres ás 19:30 horas na Casa da Cultura e onde participarán como relatores Pedro Telmo do portal dixital ovalmiñor.info, Marcos Pérez de Praza Pública, Henrique Snafín en representación de Radiofusión así como representantes de Mesa, Pro-lingua e Agal. O acto pecharase cunha concerto a cargo do músico Roui Casal e a cantante Silvia Ferre.