Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ferido nun choque entre camións no Alto dos Valos

RR_Noticias

O sinistro tivo lugar ás 10:15 horas de hoxe cando un camión que transportaba madeira colidiu contra outro vehículo pesado que circulaba pola N-550. O ferido tivo que se escarcerado do camión ao quedar atrapado na cabina segundo información do Grumir de Redondela.

Un home resultou ferido no accidente que se producía na mañá de hoxe na N-550 á altura dos Valos, no punto kilométrico 147 entre Redondela e Mos.
O sinistro produciuse ás 10:15 horas cando un vehículo pesado que traballa nas obras do AVE e que se dirixía cara O Porriño foi alcanzado por outro camión de menor tamaño que se incorporaba á nacional. O condutor deste vehículo da empresa Maderas Acuña quedou atrapado pola pernas no interior da cabina, polo que foi necesaria a intervención do Grumir de Redondela así como dos bombeiros de Vigo. O home foi evacuado a un centro hospitalario da cidade por unha ambulancia medicalizada. Por mor do accidente un carril da estrada quedou inhabilitado durante máis dunha hora, sendo precisa a intervención da Garda Civil para regular o tráfico. A circulación quedou normalizada pasadas as 11:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará