Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A desaparición das axudas pon en perigo a continuidade do servizo de préstamo de bicicletas

RR_Noticias

O futuro do servizo que funciona casco urbano de Redondela e na praia de Cesantes está aínda por definir. Este verán rematan as axudas europeas que promoveran a súa posta en marcha no ano 2009 e deberá ser a Concellería de Medio Ambiente quen decida se o servizo se mantén ou se segue a mesma sorte que en Chapela, parroquia de onde se retiraron o pasado ano as bases existentes na Alameda e na praia de Arealonga.

Un sistema de préstamo gratuíto que se puxera en marcha co bipartito e que tivera moi boa acollida nun primeiro momento, segundo explicou o técnico do departamento de Medio Ambiente, Ramón Mato, pero que non se consolidou ao non contar coa resposta esperada en cando ao seu uso. Durante todo o pasado ano contabilizáronse un total de 345 usos nos puntos aínda habilitados, unha demanda escasa que non garante a continuidade do servicio.Fora precisamente o escaso uso do servicio en Chapela o que levara ao edil Miguel Angel Álvarez a retirar as bicicletas desa parroquia.

Ramón Mato técnico de Medio Ambiente
Un servizo cuxo futuro está por decidir
Xestión do servizo
É preciso darse de alta previamente para usar as bicis

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará