Sar e Chapela non logran superar as súas citas de Primeira Nacional. O de Pablo Muíños xogaban na casa e perdía ante o Cisne por 21 goles a 25. Tampouco os xogadores baixo o mando de Fran Teixeira lograron unha vitoria na súa visita ao campo do Cangas. O partido rematou co resultado de 32-27.
A priori o Chapela era superior, pero non foi quen de gañar no campo do Cangas. A visita do Paraxe Chapela ao Morrazo rematou con vitoria para o equipo local que sorprendeu aos xogadores do Redondela que, salvo no arranque do partido, foron sempre a remolque. Unha boa defensa e un bo manexo dos tempos de ataque permitiu ao Explotaciones do Morrazo asinar un bo partido e sumar dous puntos vitais na súa loita pola permanencia. O partido disputado no pavillón de O Gatañal ante uns 200 afeccionados, finalizou co resultado de 32-27.O Paraxe Capela cae ao quinto posto logo desta derrota e enfrontarase na súa próxima cita a un difícil rival, xogará contra o líder, o Porriño, aínda que contará coa vantaxe de facelo na casa.A SAR segue sen levantar cabeza e esta fin de semana deixaba escapar os puntos en xogo nun partido disputado na bomboneira. Aínda que o rendemento dos homes de Pablo Muíños mellorou no traballo defensivo, cometeron erros en ataque que permitiron ao Cisne levarse o partido. O encontro rematou co resultado de 21 goles a 25, unha derrota que deixa á Sar na penúltima posición en Primeira nacional. Dende esa difícil situación tentará na próxima fin de semana arrancar algún punto na súa visita ao campo do Lalín.