Os de Jacobo Montes resistiron cun home menos pola expulsión de Yeray e fixeron valer a súa vantaxe grazas a un gol de Yago. Con este resultado son máis líderes da Preferente Sur. A xornada de onte estivo marcada tamén polas vitorias dos equipos locais en Primeira e Segunda Autonómica.
Preferente AutonómicaChoco 1-0 PontellasUn gol de Yago no minuto 15 bastoulle ó Choco para defender o seu liderado diante do Pontellas. E souberon defender esa vantaxe mesmo cun home menos, logo da expulsión de Yeray no minuto 70. Como xa é habitual en Santa Mariña o encontro comezou con dominio local, e adiantáronse no marcador cun gol de cabeza de Yago nun lanzamento de esquina. O Pontellas reaccionou buscando a portería de Cortegoso, e foi a boa actuación do gardameta o que impediu o empate no final do primeiro tempo. A expulsión por tarxeta vermella directa de Yeray, no minuto 70, cambiou a dinámica de xogo. Os de Jacobo Montes pecharon filas e buscaron unha solución ó contragolpe. O Pontellas non soubo aproveitar a vantaxe e crear ocasións de perigo. Con todo, o Choco tivo que sufrir ata o final para garantir os tres puntos que os levan a consolidarse como líder do grupo. A próxima xornada desprázanse ó campo do Sp. Celanova, un dos equipos da metade baixa da táboa.Primeira AutonómicaChapela 3-0 Juv. CambadosO Chapela centrou a súa vitoria na primeira parte, cando anotou os tres tantos. O Cambados viuse superado polos locais, que na segunda metade conseguiron conservar a vantaxe. Tres puntos para o Chapela que malia o triunfo segue na parte baixa da táboa. A próxima fin de semana xogan no campo do Valladares, 5º clasificado.Segunda AutonómicaFigueirido 2-3 ArcadePartido con moitos goles en Chan do Vilar. O Arcade comezou dominando o encontro, e adiantouse no marcador na primeira parte. Xa na segunda metade de xogo dous erros do Figueirido supuxeron o 0-3 para o Arcade. Os locais non se deron por vencidos e tentaron a remontada. Chagaron ao 2-3, e aínda que o tentaron ata o final, o Arcade non lle deu opcións. Deste xeito os de Jonathan Álvarez suman tres puntos de ouro, aínda que seguen en postos de descenso. A próxima xornada poderán mellorar algo a súa renda xa que xogan na casa do Vilaboa, o pechacancelas.Terceira AutonómicaChoco B 1-0 CasablancaO Choco fixo valer a súa superioridade diante do Casablanca, un dos últimos clasificados. Mantense así na 6ª praza, e a próxima fin de semana recibe ó Santa Mariña, líder do grupo.Chapela B 3-5 Santa MariñaO filial do Chapela foi superior na primeira metade, pero os de Cabral cambiaron o rumbo do partido despois do descanso e déronlle a volta ó marcador. A próxima fin de semana volven xogar na casa, sería diante do C.Apóstol, que os adianta nunha posición na táboa.At.Vilar 3-1 AtiosO Atlético de Vilar rematou a primeira volta cunha vitoria na casa. Impúxose ao Atios, un duro rival. A próxima xornada reciben ó Guillarey, afundido na parte baixa da táboa.Xeve 0-2 Cesantes O Cesantes comezou a segunda volta cunha vitoria no campo do Xeve. Partían como favoritos e fixeron valer a súa superioridade e veteranía diante dun equipo moi novo. A próxima fin de semana reciben na casa ó Salcedo, da metade baixa da táboa.Soutomaior 4-2 SampaioO Soutomaior impúxose nun interesante derbi de rivalidade rexional, no que se medían primeiro contra segunda. O Soutomaior foi superior na segunda parte, logo dunha primeira metade máis igualada. O Soutomaior, que agora é máis líder, xogará o domingo no campo do Praderrei, o 5º clasificado.Nespereira 1-0 VilasobrosoOs de Pazos gañaron pola mínima. O próximo domingo reciben ó Liréns, co que están moi igualados.Futbol Sala-Autonómica SurRedondela F.S. 3-1 LavadoresOs de Nolichi impuxéronse ó Lavadores, co que escalan ata a 6ª posición do grupo. O próximo sábado xogan como visitantes, o rival será o Restauranta Pandiña. O encontro dispútase na pista do Rosal (Moaña) ás 16:30 horas.