Os mozos detidos de 34 e 22 anos de idade, son veciños de Pazos de Borbén e foron sorprendidos polos axentes da Garda Civil cando estaban a realizar a pintada nun tramo da N-550 á altura do Alto dos Valos supostamente para reivindicar un circuíto galego.
Os feitos producíronse ás 4:20 da madrugada do pasado domingo cando unha patrulla da Garda Civil sorprendeu a estes dous mozos veciños de Pazos de Borbén pintando en metade da N-550 á altura da parroquia de Saxamonde, unha grella da saída co lema “circuíto galego xa”.Ao seren sorprendidos, un dos mozos tentou darse á fuga e logo insultou aos axentes de tráfico. Por este motivo, ademais dos delitos contra a seguridade vial e desordes públicos, a este individuo se lle imputa un terceiro de desobediencia á autoridade.Os dous veciños de Pazos permanecen imputados e deberán presentarse no Xulgado de Instrucción número 1 de Redondela cando así sexan requiridos.