Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER reclama beirarrúas para Cabanas e a gratuidade da AP-9 entre Redondela e Vigo

RR_Noticias

Ir de Redondela ao Morrazo por autoestrada cústalle aos condutores cero euros dende hai un lustro, pola contra percorrer os cinco quilómetros que separan Rande do centro de Vigo suponlle bonar unha tarifa de 75 céntimos. Unha realidade que aos membros da Agrupación de Electores lles parece “un abuso” tendo en conta que logo de 30 anos ese tramo da AP-9 está “sobradamente amortizado”.

O edil de AER, Jorge Varela “Chopi” defenderá no pleno que se celebra esta tarde ás 20:00 horas no Multiusos a gratuidade deste tramo da autoestrada tendo en conta ademais que se trata “dunha circunvalación da cidade que ten que favorecer a mobilidade dos cidadáns de todos os municipios veciños por igual, ademais de favorecer o crecemento dunha área metropolitana moderna coas súas infraestructuras gratuitas, como é unha vía para desatascar o polémico tráfico do centro urbano de Vigo”.
Por este motivo lles solicitarán aos resto dos grupos con representación na corporación o seu apoio para lle instar á Xunta de Galicia a negociar coa empresa adxudicataria a supresión de dita peaxe. Solicitan ademias que se lle inste a Fomento a adecuar as beirarrúas e os cruzamentos peonís na rotonda da N552 no barrio de Cabanas xa que segundo apuntan dende AER “tal e como está construida dita rotonda debido a defectos de deseño, os peóns non teñen ningunha maneira de continuar a súa marcha tanto en dirección Vigo como na contraria, ao non estar dotada de beirarúas, pasos de peóns nin semáforos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará