O pleno aprobou por unanimidade a moción do PSOE na que solicitaban que a praza situada entre a Rúa de Reveriano Soutullo, a Praza de Ribadavia e Rúa Alfonso XII, pase a chamarse “Praza Alejandro Otero Fernández” en recoñecemento ao ilustre médico nado en Redondela no ano 1888.
Os socialistas lembran a súa importante labor como profesional pero sobre todo como home comprometido persoal e politicamente. O edil do PSOE, Eduardo Reguera, salientaba a obriga moral do noso concello de facerlle un recoñecemento público a un ilustre redondelán “amplamente recoñecido en Granada onde exerceu como médico”.Todos os grupos apoiaron a proposta, aínda que tanto BNG como PP criticaron “o xeito de facer a petición a través dunha moción dunha formación política”. Os populares subliñaban ademais o paradoxo de que logo de tres décadas de goberno socialista en Redondela, o PSOE espere precisamente a solicitar este recoñecemento cando a alcaldía está en mans do PP.