Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós denuncia novos ataques contra o patrimonio en Monte Penide

RR_Noticias

A falta de protección e sinalización dos xacementos arqueolóxicos de Monte Penide provocaron novamente nas últimas semanas que unha das mámoas que conforman a necrópole funeraria fora destruída supostamente por un tractor que realizaba traballos de limpeza no monte.

A asociación cultural Alén Nós volveu denunciar nos últimos días o ataque contra o patrimonio arqueolóxico de Monte Penide, logo de que se decataran da destrucción dunha das mámoas que conforman o conxunto do parque megalítico do concello. Unha denuncia que foi trasladada ao Seprona, o Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil así como ao propio concello, para que trasladen os feitos á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.Os feitos poderían remontarse a hai aproximadamente un mes cando unha máquina excavadora que realizaba traballos de tala e limpeza tería arrasado por completo unha das 32 mámoas catalogadas dentro desta necrópole neolítica coñecida como Chan da Cruz ou Chan das Formigas.Alén Nós lamenta esta nova agresión ao patrimonio cultural e lembra que non é a primeira vez que se produce unha situación semellante. Uns feitos que ademais entenden continuarán repetíndose mentres non se sinalicen e se protexan eses restos arqueolóxicos para evitar a súa destrucción e se conciencie ás comunidasdes de montes da necesidade de conservar esta riqueza que é de todos.

Andrés laxe Alén Nós
Nas súas declaracións cedidas por RedondelaTV Laxe denuncia o acontecido
Concienciar e protexer
Necesidade de sinalizar para evitar novos destrozos no patrimonio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará