Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela supera os tres mil desempregados

RR_Noticias

Cada día do mes de xaneiro se sumaron ao paro tres redondeláns nun inicio de ano que foi nefasto en canto a datos de emprego se refire. En toda a comarca foron un total de 184 as persoas que quedaron sen emprego no primeiros 31 días do 2012, sendo o concello máis afectado o de Redondela con 96 novos desempregados.

A nosa comarca volveu experimentar no pasado mes de xaneiro un descenso notable no número de persoas con emprego, Así cada día incorporáronse ás listas do INEM unha media de 3 persoas en Redondela, ata chegar á cifra de 3.015 desempregados, 96 máis que no mes anterior e case 300 máis que hai un ano.
O comportamento é practicamente o mesmo no resto dos concellos da comarca, con incrementos en todos os casos. Así, en Soutomaior son 953 o número de desempregados que nos deixan os datos feitos públicos onte por Traballo, con 43 novas incorporacións mentres que en Pazos de Borbén o incremento cífrase en 36 persoas, situándose a cifra total do paro en 468. Menos incremento atopamos en Fornelos de Montes, cun cómputo total de 274 desempregados, nove máis que no final do 2011.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará