Derbi local que rematou con moi mal resultado para os anfitrións. O partido xogábase na bomboneira e finalizou co marcador de 23-29 a favor do Chapela que logra ascender na táboa ata situarse no segundo posto da clasificación e a tan só dous puntos do líder. A SAR afúndese, son os pechacancelas con tan só 5 puntos.
O Paraxe Chapela fíxose co partido disputado na bomboneira o pasado sábado. Derbi local de máxima rivalidade ao que dous equipos chegaban con situación ben diferente. Os de Chapela co obxectivo de acadar unha vitoria que os situase máis preto do ascenso e a Sar Plastic Omnium soñando con levarse algún punto que os afastase dos postos de descenso. Non houbo sorpresas de última hora e o Chapela, superior como o amosa a súa situación na táboa, venceu a domicilio á SAR nun encontro que rematou co resultado de 23-29.
O Paraxe Chapela sitúase agora no segundo posto da clasificación, a tan só dous puntos do líder, o Porriño. En propio campo será onde reciba na vindeira semana ao Ademar, partido de máxima rivalidade xa que se atopan empatados a puntos e loitando ambos os dous por facerse cunha praza para o ascenso.
A Sar, mái afundida ca nunca en primeira nacional, desprázase na vindeira semana ao Morrazo para se enfrontar ao Cangas que se atopa na parte media da táboa.