Hoxe é Sábado 2 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non cede o liderado

RR_Noticias

Santa Mariña foi unha vez máis o fortín dos homes de Jacobo Montes, que se impuxeron sen demasiadas dificultades ó Tomiño por 2-0. Os visitantes xogaron cun home menos desde o minuto 22, aínda que a igualdade numérica recuperouse no minuto 62 coa expulsión de Saúl. Bos resultados tamén na Primeira e Segunda Autonómica con empate do Chapela e vitoria do Arcade.

Preferente Autonómica
Choco 2-0 Tomiño
O Choco consolida o seu papel de líder xornada tras xornada. Santa Mariña non lle deu opcións ó Tomiño, e unha vez máis foi o fortín dos homes de Jacobo Montes. O Choco dominou desde o primeiro minuto, aínda que non tivo moitas ocasións claras de gol. O marcador abriuse no minuto 22, cun gol de penalti obra de Negro e logo de que o árbitro expulsase por dobre amarela a Liboreiro. Os visitantes quedaban cun home menos, aínda que a igualdade recuperouse 40 minutos máis tarde, coa expulsión tamén por dobre amarela de Saúl. O Tomiño tentou aproveitar para igualar o marcador pero o Choco definiu o partido á contra. Unha xogada de equipo con gol de Aitor no minuto 78. Na próxima xornada os de Jacobo Montes xogan no campo do Gran Peña, un dos equipos da parte baixa da táboa.
Primeira Autonómica
Chapela 1-1 Louro
Reparto de puntos en Chapela nun encontro no que os dous equipos se xogaban moito desde a metade baixa da táboa. O Chapela púxose por diante na primeira metade, pero o Louro empatou cun gol de Nilo e mesmo podería terse posto por diante se non fallase un penalti. Máis complicado aínda terá o Chapela sumar puntos a próxima xornada, xa que visita o campo do Caselas, o 5º clasificado.
Segunda Autonómica
Arcade 2-1 Mosteiro
Os de Jonathan Álvarez demostraron que, malia estar en postos de descenso, teñen calidade de sobra. Onte gañaron a un rival complicado, o Mosteiro, 5º do grupo. Javi foi o autor dos dous goles para os de Soutomaior no que foi o mellor partido do equipo esta temporada, con mención especial tamén para o bo traballo do porteiro. Pese á vitoria o Arcade segue na parte baixa da táboa, aínda que achegándose ós seus rivais. A próxima xornada visitan o campo do Zacande, na 7ª praza.
Terceira Autonómica
C. Apóstol 3-3 Choco B
Partido con moitos goles entre o Apóstol e o filial do Choco que rematou con igualada. O resultado deixa ós redondeláns na 6ª praza, a próxima xornada reciben ó líder, o Lavadores.
Lavadores 2-1 Chapela B
Derrota do Chapela nun encontro que se decidiu na segunda metade, xa que chegaron ó desconto con empate a ceros. Un partido emocionante no que o Chapela llo puxo moi difícil ó líder, que acabou pedindo a hora. O filial do Chapela está agora na metade baixa da táboa. Na próxima fin de semana recibe ó Alcabre
Vilariño 2-3 At. Vilar
Os redondeláns foron superiores e impuxéronse ó Vilariño nun encontro moi disputado. A próxima xornada o Vilar recibe ó Ribadelouro, dous postos por riba deles.
Cesantes -descansou (O Cesantes segue a ocupar a metade da táboa clasificatoria) A próxima xornada xoga no campo do Moaña B, un dos equipos da parte alta da táboa.
Soutomaior 1-0 Santomé
O Soutomaior segue líder do seu grupo, aínda que gañou con dificultades a un correúdo Santomé cun único gol de Víctor. O domingo xogan no campo do Bueu, 8º do grupo.
Rubiós 3-2 Nespereira
Os de Pazos non puideron co Rubiós nun encontro moi disputado. A próxima xornada reciben ó alpinista, 3º clasificado.
Fútbol Sala-Autonómica Sur
Redondela F.S. 3-0 Poio F.S.
A vitoria fai posible que os de Nolichi recuperen unha posición na táboa, ata a 8ª praza do grupo. O sábado teñen unha difícil cita, xogan na posta do Rodavigo, o líder do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará