Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Ana González elixida mellor porteira dos equipos galegos de Segunda División

RR_Noticias

Con 17 anos recentemente cumpridos xa é todo unha promesa do fútbol feminino. Anita, como é coñecida no Erizana C.F., comezou moi nova no fútbol sala no equipo do Círculo, e logo formouse no C.D. Choco. Agora no conxunto de Baiona milita na Segunda División, e foi escollida mellor porteira da categoría na primeira volta. Para a xogadora é “un premio” que compensa “o gran esforzo” que supón este deporte, que compaxina cos estudos de Bacharelato.

O fútbol é a súa paixón desde nena, e aínda que comezou a xogar de porteira de xeito accidental, agora é unha das grandes promesas do fútbol galego neste posto. Ana González Rivera (Anita no Erizana C.F.), foi recentemente elixida mellor porteira dos equipos galegos de Segunda División na primeira volta da competición. A xogadora, que acaba de cumprir 17 anos, confesa que recibir este premio “foi unha sorpresa”, xa que na categoría hai moitas gardametas moi boas e máis experimentadas. Para ela este é o primeiro ano na Segunda División, pero está a superar todas as expectativas. A xogadora confesa que este recoñecemento é “unha gran recompensa” logo do esforzo e o traballo duro que asume semana tras semana. Comezou como porteira de xeito casual, cando adestraba a fútbol sala. Ningunha das xogadoras quería facer o papel de porteira e ela apuntouse, pensou que sería “só para un adestramento”, pero quedou como o seu posto definitivo. Recoñece que é unha posición dura, e de “moita máis responsabilidade” que a das xogadoras de campo. Confesa que a presión é moita, concentrada durante todo o partido, preparada para enfrontarse aos lanzamentos das rivais, pero todo ten a súa recompensa cando fai unha boa acción. Alumna de 1º de Bacharelato, Ana ten que compaxinar os estudos, os adestramentos en Baiona e os desprazamentos das fin de semana. Recoñece que case non lle queda tempo libre, pero que a satisfacción que supón xogar nun equipo da categoría do Erizana C.F. “compensa todo o esforzo”. A situación do equipo é moi boa, o Erizana está na metade da táboa, ocupan a 7ª praza, logo de perder por tan só un gol no campo do Oviedo, líder intratable da categoría. A próxima fin de semana reciben en Baiona ó Mareo, na 4ª praza, aínda só as adianta en tres puntos.    

Ana González Rivera
A xogadora confesa que non agardaba recibir este premio que é todo un recoñecemento ao seu traballo.
Unha posto de responsabilidade
Ana recoñece a presión que ten a súa posición de porteira que é compensada cando fai unha boa intervención.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará