A reunión terá lugar ás 19:00 horas no concello e á mesma asistirán as Asociación de veciños de Quintela, Cesantes, Chapela, Soutoxuste, a asociación Alvedosa de Reboreda, a de San Estevo negros e a asociación de afectados Val do Maceiras.
En representación do Concello asistirán o alcalde Javier Bas e o concelleiro de Vías e obras, Cándido Vilaboa. Unha xuntanza que se celebra co obxectivo de que as asociacións de afectados lle trasladen directamente aos técnicos de Fomento as súas queixas e demandas. As máis reiteradas fan referencia á reposición de camiños e recuperación de mananciais así como daqueles servizos que se viron danado polas obras Unha reunión que se producirá logo de que o Concello xa acadase o compromiso de fomento de canalizar as saídas de auga procedente da zona do Carrascal para evitar os asolagamentos que nos últimos anos se están producir tanto na zona de A Picota, como na Fonte do Mouro e incluso na N-550 á altura de Santa mariña. Unha obra que se estima comezaría a mediado deste ano e que evitaría que no próximo inverno se repetisen esas inundacións.