Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita que se declare o 24 de febreiro día de Rosalía de Castro

RR_Noticias

Unha declaración que incluiría a celebración de diferentes actividades nesa data que serviran para espallar a vida e obra da escritora entre toda a veciñanza. Así os nacionalistas propoñen unha programación que inclúa unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello.

O BNG salienta a relevancia de Rosalía de Castro e de toda a súa obra “un retrato do pobo galego que goza dunha total actualidade” e o feito de que o seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma sinale “o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento”. Por ese motivo entenden imprescindible a difusión do coñecemento da súa obra, en especial para as xeracións máis novas. E con ese obxectivo propoñen que se declare o día 24 de febreiro “Día de Rosalía no noso concello”.
Unha moción que se presentará na vindeira sesión plenaria e na que solicitan tamén que se emprenda e apoie a realización de actividades de promoción da obra da escritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do noso concello na data sinalada así como realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello “na que o alumnado dos centros escolares, veciños, veciñas e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista”.
Unha moción que o BNG presentará a o vindeiro pleno municipal pero que en caso de se aprobar non poderá ter aplicación ata o vindeiro ano, tendo en conta que a próxima sesión plenaria será o día 23 de febreiro e que as actividades propostas deberían desenvolverse ao día seguinte.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará