Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita a supresión da peaxe en Rande

RR_Noticias

O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Henrique Viéitez, defenderá na Cámara unha proposición non de lei para instar ao goberno da Xunta a negociar co Ministerio de Fomento e a coa empresa concesionaria a supresión da peaxe da saída 148 de Rande. Viéitez reclama tamén melloras para a seguridade dos peóns na redonda da saída da dita peaxe.

O deputado do BNG lembra que non existe para os peóns ningunha forma de continuar a marcha tanto no sentido cara Vigo como na dirección contraria na rotonda, ao non estar dotada nin de beirarrúas nin de pasos de peóns nin de semáforos motivo polo que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentares reclamando tamén do ministerio que habilite medidas para asegurar a protección das persoas que transitan andando pola zona.
Entre os motivos argumentados para reclamar a supresión da peaxe, destacan na proposición non de lei que o tramo da AP-9 comprendido entre Rande e Puxeiros funciona, maioritariamente, como unha circunvalación do concello de Vigo sendo ao redor de seis mil os vehículos que entran ou saen en Rande.
Unha situación que ten unha gran incidencia nos núcleos de Chapela e Teis, cunha alta densidade de poboación, polo que a eliminación desta peaxe mais outras melloras para facilitar o acceso ou a saída neste treito facilitaría o desenvolvemento do tráfico rodado e incidiría na seguridade viaria, descargando de tráfico os ditos núcleos.
Lembramos que no último pleno municipal celebrado en Xaneiro todos os grupos amosaron a súa conformidade cunha moción presentada pola Agrupación de Electores para lle reclamar a Audasa a retirada da peaxe na AP-9, unha taxa que lle supón aos condutores un gasto de 0’75 euros por traxecto. O pleno acordou ademais solicitarlle a Fomento a construcción de beirarrúas en Cabanas para incrementar a seguridade vial dos peóns que viven na zona.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará