Fin de semana para esquecer no balonmán local. O Chapela tampouco foi quen de vencer ao seu rival, visitaban o campo do Cafés Toscaf e caían nese encontro por 30-28. Pola súa banda a SAR non levanta cabeza logo de colleitar unha nova derrota no encontro disputado o sábado na Bomboneira. Unha cita difícil para os redondeláns que recibían ao líder O Porriño nun encontro que rematou co resultado de 25-30.
O Paraxe Chapela cae un posto na categoría logo da derrota do sábado. Tan só dous goles de diferencia nun encontro onde os xogadores do Chapela amosáronse disconformes coa labor dos colexiados. Agora son terceiros e tentarán seguir na loita polo ascenso acadando unha nova vitoria no encontro que disputará na vindeira semana en Chapela ante o Clavo Siria.
A SAR, cada vez máis descolgada, continúa afundida no máis profundo da clasificación. A cita era difícil, xa que se enfrontaban ao líder, o Porriño, un equipo que fixo valer a súa superioridade con dominio absoluto dende o Incio ata o final do encontro que rematou co resultado de 25-30. A SAR tentará na vindeira cita non desaproveitar a oportunidade de lograr unha vitoria ante o penúltimo da táboa, o Camariñas. Unha cita quese vai disputar na bomboneira