O Día da árbore converteuse nunha xornada de limpeza no monte de O Viso. Os participantes na xornada de plantación de árbores celebrada esta domingo, realizaron tamén labores de limpeza retirando tres mil kilos de lixo do monte. Entre o lixo retirado atoparon lavadoras, televisións, mobles, chatarra e plásticos.
En total medio centro de veciños da parroquia e doutras zonas do concello achegáronse o domingo a este monte convocados pola Comunidade de Montes veciñais en man común e a Asociación Santa María Do Viso, co obxectivo de plantar 250 árbores en diferentes puntos do monte comunal para axudar así á rexeneración da zona.
Con todo, o traballo dos voluntarios foi maior, xa que tamén realizaron unha actividade de limpeza e de eliminación de vertidos incontrolados. Así, unha parte dos asistentes deron quitado en tan só unha mañá máis de 3 toneladas (3.000 kg) de refullago que se atopaba en diferentes zonas do monte comunal. Recolleron lavadoras, televisións, mobles, chatarra, plásticos e lixo en xeral.
A organización espera que isto sirva para concienciar a aquelas persoas que non teñen reparos en empregar o monte como vertedoiro, e para que se valorice o monte comunal polos importantes aportes que lle supoñen aos veciños: auga das traídas, minimización de riadas, zona recreativa e social, aporte de madeira e leñas, hábitat de diversas especies.